11N | Que a nosa loita desborde o seu sistema Ter unha casa na que vivir non debería ser un privilexio. Pero mentres os alugueiros suben e os salarios apenas chegan para vivir, hai quen segue facendo negocio cunha necesidade básica. Non é casualidade: o problema da vivenda é o problema do capital. E mentres a vivenda siga sometida á lóxica do capital, o conflito seguirá existindo. Este 11N, defendamos unhas reivindicacións claras que nos permitan mellorar as nosas vidas: paralicemos os desafiuzamentos, vinculemos os salarios ao prezo dos alugueiros, acabemos cos fondos e empresas especuladoras e recuperemos as casas baleiras para poñelas ao servizo de quen as necesita. Que cada conquista sirva para fortalecer a loita. Só así a vivenda deixará de ser un negocio. Só así avanzaremos cara un sistema socialista no que a vivenda sexa para quen a habita. Este 11 de novembro, á folga xeral. Que a nosa loita desborde o seu sistema.
⚫ Voces da Folga | Plataforma 0-3 No terceiro episodio de Voces da Folga, entrevistamos á Plataforma 0-3 Galicia, para poñer en evidencia os
⚫ Voces da Folga | Plataforma 0-3 No terceiro episodio de Voces da Folga, entrevistamos á Plataforma 0-3 Galicia, para poñer en evidencia os…
Leer